Alimentarse ben é moi importante pero dende o cole tamén consideramos que saber
de onde proveñen os produtos é esencial. Por iso onte fixemos un obradoiro co
alumnado de infantil no que plantamos varias hortalizas. Pasárono xenial... xa
veremos o resultado.