viernes

Algo están argallando

Neste segundo trimestre Carela a mascota do proxecta mandou uns encargos ao alumnado do cole e eles e elas están moi traballadores e traballadoras. Pronto teredes noticias...



COLLE O TIMÓN


Estamos un pouco despistados e despistadas pero.... como din por ahí o bo faise esperar así que aquí vos deixamos fotos das cousiñas que fomos facendo no primeiro trimestre  para o noso plan proxecta que leva por lema  Colle o Timón.


Decoración do comedor




Mascota gañadora coas suas creadoras


Pirámide alimenticia
Apadriñamento ambientado



jueves

CHARLA HÁBITOS SAUDABLES

O pasado martes os nenos e nenas do cole pasárono moi ben pois recibiron unha charla sobre hábitos saudables bastante interesante. Traballamos a roda e a pirámide dos alimentos, a importancia das 5 comidas, a reciclaxe e o etiquetado.




ALIMÉNTATE BEN


Este ano no cole estamos a traballar no Plan Proxecta que é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que, en colaboración con diferentes consellerías, trata de fomentar a innovación educativa dos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores. 




En concreto estamos a Traballar en dous: Xermoliño e Ponlle as pilas ao teu bocata.
  • Xermoliño: Busca coñecer as necesidades alimenticias por grupos de idade e tamén por nivel de actividade física mediante a realización de actividades cos produtos alimenticios. Permite interpretar as informacións das etiquetas nos aspectos nutricionais e analizar a oferta alimentaria do comedor escolar. finalmente permite elaborar propostas de mellora.
  • Ponlle as pilas ao teu bocata: é unha campaña deseñada para dar a coñecer as múltiplesvirtudes das conservas dos productos do mar.


jueves

PAZ 2019


Este curso para celebrar o día da Paz acudimos ó concello, coma en cursos anteriores. Alí celebramos un pleno infantil no que se leron varios manifestos sobre a Paz e no que se fixeron varias peticións de mellora para o noso colexio. Tamén lles cantamos unha canción. De volta no cole todos xuntos fixemos o símbolo da paz e colgamos na entrada do mesmo uns paraugas con pingas de paz que estiveron elaborando os nenos durante varios días.  Aquí queda mostra de todo o que fixemos.



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free digital slideshow customized with Smilebox