miércoles

Xogos Olímpicos Londres 2012

Co gallo da próxima celebración dos Xogos olímpicos Londres 2012, no noso colexio realizaremos diversas actividades en torno a este tema. Para esto, desde a biblioteca adquirimos o cómic de Mortadelo e Filemón nos Xogos olímpicos. Así traballaremos o cómic como forma de expresión.


Día do libro camiño das Letras Galegas

Neste mes de abril, os nenos/as coa axuda e colaboración dos pàis/nais participaron na creación dun libro viaxeiro que consiste na creación dun conto cuns personaxes precisos e ficticios relativos á fauna do concello para a través dos topónimos achegar o nome do escritor galego ao que se lle adica este ano o Día das letras galegas, Valentín Paz Andrade.


martes

Livro Dia

Os alunos do colégio fizeram uns livros muito bons na área de língua Portuguesa.

              Open publication - Free publishing - More celebracion 


lunes

Día do libro

Con motivo do día do libro realizamos no colexio varias actividades. Unha das actividades consistiu en ler por parellas formadas por un alumno/a maior que acompaña a un pequeno a un lugar do centro e alí le o conto que o cativo/a antes elixiu na biblioteca. Noutra fixemos un mini libro que falaba da historia do "día do libro".



martes

Día da poesía-árbore

Para conmemorar o Día da poesía e o Día da árbore de forma conxunta, os nenos/as escribiron poemas con diferentes técnicas. Como agasallo, os mellores recibiron unha planta coa súa correspondente carta de identidade onde se lle informa ao alumno dos coidados necesarios e se lle pide un compromiso firme para que a planta poida seguir vivindo e chegar a dar froito.


domingo

Conto viaxeiro do Día da Paz

O alumnado e profesorado do colexio elaboramos un conto viaxeiro da PAZ, con producións literarias en lingua galega, castelá, inglés e portugués. Este conto pasou por todos os fogares para que os pais e nais poidan apreciar o traballo dos seus fillos-as e facer a súa achega persoal a este libro.

viernes

Visitamos a Biblioteca Municipal de Verín

        O día 8 de marzo, visitamos a Biblioteca Municipal de Verín. Disfrutamos dos diferentes recursos dos que dispoñen: libros, xogos, ordenadores... Os maiores buscamos información sobre mulleres importantes para logo realizar un mural para a Biblioteca do noso "cole" e realizamos unha búsqueda dirixida dentro do catálogo on-line da biblioteca. Os máis pequenos escoitamos un conto, logo fixemos un debuxo nunha libreta personalizada que nos regalaron. Para rematar disfrutamos lendo os contos que alí había en compañía de Bob Esponja. Foi un día diferente, ¡Que ben o pasamos!
VISITANDO A BIBLIOTECA DE VERÍN on PhotoPeach