lunes

Día do libro

Con motivo do día do libro realizamos no colexio varias actividades. Unha das actividades consistiu en ler por parellas formadas por un alumno/a maior que acompaña a un pequeno a un lugar do centro e alí le o conto que o cativo/a antes elixiu na biblioteca. Noutra fixemos un mini libro que falaba da historia do "día do libro".