martes

HOXE SAÍMOS NO XORNAL

http://www.laregion.es/articulo/monterrei/escolares-oimbra-celebran-pleno-infantil/20170131101044681818.html

VOTACIÓNS NO COLE DE OIMBRA

O pasado 26 de xaneiro realizamos no cole as primeiras eleccións escolares. O proceso consitiu en elixir un/ unha candidat@ para que presidise o pleno infantil que tivo lugar o 30 de xaneiro na Casa do Concello de Oímbra.



votacións - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

miércoles

APADRIÑAMENTO LECTOR "XANEIRO 2017"

Hoxe, despois das vacacións de Nadal, retomamos no cole a actividade do "APADRIÑAMENTO LECTOR". Tendo en conta que o vindeiro 30 de xaneiro se celebra o DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA, escollemos un precioso conto para traballar a coeducación a través da historia dunha elefantiña chamada Margarita. 

Margarita e outras pequenas elefantas viven illadas nun xardín de anémonas e peonias; o seu alimento para conseguir un aspecto físico  caracterizado pola cor rosa caramelo da súa pel, que reforzan lucindo zapatos e lazos do mesmo ton. 

Todas cumpren as expectativas dos seus pais e nais excepto ela, que sofre reproches dos seus proxenitores ata que estes desisten de que sexa como as demais. 

Baixo esta historia aparecen cuestións como un superficial culto á imaxe. Pero sobre todo, é un canto á liberdade e a igualdade.



APRENDEMOS A COIDAR OS LIBROS