jueves

ALIMÉNTATE BEN


Este ano no cole estamos a traballar no Plan Proxecta que é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que, en colaboración con diferentes consellerías, trata de fomentar a innovación educativa dos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores. 




En concreto estamos a Traballar en dous: Xermoliño e Ponlle as pilas ao teu bocata.
  • Xermoliño: Busca coñecer as necesidades alimenticias por grupos de idade e tamén por nivel de actividade física mediante a realización de actividades cos produtos alimenticios. Permite interpretar as informacións das etiquetas nos aspectos nutricionais e analizar a oferta alimentaria do comedor escolar. finalmente permite elaborar propostas de mellora.
  • Ponlle as pilas ao teu bocata: é unha campaña deseñada para dar a coñecer as múltiplesvirtudes das conservas dos productos do mar.