miércoles

APADRIÑAMENTO LECTOR "XANEIRO 2017"

Hoxe, despois das vacacións de Nadal, retomamos no cole a actividade do "APADRIÑAMENTO LECTOR". Tendo en conta que o vindeiro 30 de xaneiro se celebra o DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA, escollemos un precioso conto para traballar a coeducación a través da historia dunha elefantiña chamada Margarita. 

Margarita e outras pequenas elefantas viven illadas nun xardín de anémonas e peonias; o seu alimento para conseguir un aspecto físico  caracterizado pola cor rosa caramelo da súa pel, que reforzan lucindo zapatos e lazos do mesmo ton. 

Todas cumpren as expectativas dos seus pais e nais excepto ela, que sofre reproches dos seus proxenitores ata que estes desisten de que sexa como as demais. 

Baixo esta historia aparecen cuestións como un superficial culto á imaxe. Pero sobre todo, é un canto á liberdade e a igualdade.