miércoles
APADRIÑAMENTO DE ABRIL
O apadriñamento deste mes estivo adicado á poesía e os nos@s grandes lectores puxéronse mans á obra. Quedaron uns debuxos moi bonitos sobre as mesmas. Ademais entregamos os premios os gañadores do anterior apadriñamento. Noraboa rapaces.
martes
viernes
PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA
Hoxe no cole tivemos a gran sorte de ter uns convidados especiais que nos fixeron un taller lúdico sobre a alimentación e os animais mariños e déronnos un montón de ideas para facer bocatas saudables con conservas. Estaban deliciosos e aprendimos moitas cousas.
jueves
TALLER SENSORIAL DO MAR
Como sabedes este ano estamos a traballar no proxecta Aliméntate ben e como o noso cole queda un pouco lonxe do mar trouxemos un pedaciño da zona costeira e fixemos un taller sensorial sobre o mar. Aquí vos deixamos algunhas fotos.
martes
DÍA DO LIBRO
O 23 DE ABRIL CELEBRÁMOLO DÍA DO LIBRO. ESTE CURSO ADICÁMOLO A POESÍA. POLO TANTO CONSTRUÍMOS UNHA ÁRBORE POÉTICA NA QUE AS SÚAS FOLLAS ERAN POESÍAS DISEÑADAS POLOS NENOS/AS. ESTE FOI O RESULTADO.
SAÍDA Ó AUDITORIO:INFANTIL 1º E 2º
O DÍA 8 DE ABRIL FOMOS DE EXCURSIÓN Ó AUDITORIO A VER O MUSICAL DE MAMÁ CABRA: "TI COCIÑAS, EU COCIÑO". PASÁMOLO XENIAL.
APADRIÑAMENTO DE MARZO
O APADRIÑAMENTO DO MES DE MARZO ADICÁMOLO Á PRIMAVERA. ADEMAIS ENTREGAMOS OS PREMIOS OS GAÑADORES DO APADRIÑAMENTO DE FEBREIRO; MARÍA E XIÁN. NORABOA RAPACES E A SEGUIR TRABALLANDO.
jueves
XERMOLIÑO
Alimentarse ben é moi importante pero dende o cole tamén consideramos que saber
de onde proveñen os produtos é esencial. Por iso onte fixemos un obradoiro co
alumnado de infantil no que plantamos varias hortalizas. Pasárono xenial... xa
veremos o resultado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







