martes

Día da poesía-árbore

Para conmemorar o Día da poesía e o Día da árbore de forma conxunta, os nenos/as escribiron poemas con diferentes técnicas. Como agasallo, os mellores recibiron unha planta coa súa correspondente carta de identidade onde se lle informa ao alumno dos coidados necesarios e se lle pide un compromiso firme para que a planta poida seguir vivindo e chegar a dar froito.


domingo

Conto viaxeiro do Día da Paz

O alumnado e profesorado do colexio elaboramos un conto viaxeiro da PAZ, con producións literarias en lingua galega, castelá, inglés e portugués. Este conto pasou por todos os fogares para que os pais e nais poidan apreciar o traballo dos seus fillos-as e facer a súa achega persoal a este libro.

viernes

Visitamos a Biblioteca Municipal de Verín

        O día 8 de marzo, visitamos a Biblioteca Municipal de Verín. Disfrutamos dos diferentes recursos dos que dispoñen: libros, xogos, ordenadores... Os maiores buscamos información sobre mulleres importantes para logo realizar un mural para a Biblioteca do noso "cole" e realizamos unha búsqueda dirixida dentro do catálogo on-line da biblioteca. Os máis pequenos escoitamos un conto, logo fixemos un debuxo nunha libreta personalizada que nos regalaron. Para rematar disfrutamos lendo os contos que alí había en compañía de Bob Esponja. Foi un día diferente, ¡Que ben o pasamos!
VISITANDO A BIBLIOTECA DE VERÍN on PhotoPeach

                           

martes

Feliz Nadal!!!!

Boletín do Nadal e recomendacións de lectura.

boletin nadal+recomendacions

sábado

CONTO DE NADAL: NOITEBOA NO PAÍS MÁXICO





Os mestres/as e o alumando do CEIP de Oímbra está disfrutando dun conto de Nadal que vai sendo entregado aos nenos/as paulatinamente (cada vez que se fai unha entrega aparece ao día seguinte un alumnos/a de sexto curso  na hora do recreo caracterizado como o personaxe que leron o día anterior). Así levamos desde principios de mes. Os máis cativos esperan cada día emocionados a aparición dun novo personaxe do conto.

martes

CARPETAS VIAXEIRAS


Neste mes de novembro o alumndo de Primaria comezou a utilizar as "carpetas viaxeiras" onde levan distinto tipo de material impreso, audiovisual... para as súas casas para compartir en familia. Esperamos que así a lectura sexa unha tarefa familiar e non individual.