jueves

CONTACONTOS E TALLERES SOBRE A IGUALDADE

O 3 de decembro contamos coa presenza de Sabela para a través do treatro achegarnos un pouco máis á igualdade entre todos. Ademais tamén fixemos unha serie de talleres.

                                                   

domingo

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celebramos esta data, interpretando unha canción de Rozzalen: La puerta violeta. Ademáis fixemos un mural alusivo a dito día así como a porta violeta, na que os nenos/as deixaron plasmadas as súas mans. Aquí vos deixamos mostra de todo.






       
                                         
  
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Free photo collage personalized with Smilebox

martes

APADRIÑAMENTO DE NOVEMBRO

O luns 25 de novembro celebramos o apadriñamento lector adicado ás mulleres e a familia, dada a importancia do día que estabamos a traballar. Tamén demos os premios as anteriores gañadoras. Moitas felicidades e a seguir participando así de ben.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own slideshow design with Smilebox

MAGOSTO

O luns 18 de novembro, por fin puidemos celebrar o magosto. Despois do recreo tivemos unha sesión de xogos e despois de comer puideron disfrutar das castañas asadas e de pintarse como manda a tradición. Mirade que ben o pasaron.

viernes

CHARLA SOBRE O USO AXEITADO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS PARA ALUMNOS DE 5º/6º.

O 4 de novembro os alumnos maiores do cole recibiron unha charla sobre o uso responsable das novas tecnoloxías, que correu a cargo dos membros da garda civil.

APADRIÑAMENTO LECTOR DO MES DE OUTUBRO

O 29 de outubro celebramolo primeiro apadriñamento deste curso, que como non ía ser menos se lle adicou ó samaín, debido a data na que se celebrou.

SAMAÍN II: DISFRACES E FESTA.

Festa e entrega de premios tanto para os participantes nas poesías, receitas e cabazas.

miércoles

SAMAÍN I: CABAZAS E RECEITAS.

A última semana de outubro adicámola ó Samaín e grazas a colaboración das familias foi moi especial. Tanto na elaboración das receitas que foron sorprendentes coma na imaxinación que lle botades á hora de facer as cabazas, que nos deixaron perplexos. Aqui vos deixamos imaxes de todo o recollido.

Roteiro ós lagares rupestres para os maiores

O venres 18 de outubro foi o turno para os maiores e coñeceron un pouco máis a súa contorna, ademáis de disfrutar de xogos durante o percorriodo. Aquí queda mostra do mesmo.

Contacontos e xogos lagares para os nenos/as de infantil, 1º e 2º.

O xoves 17 de outubro contamos cunha sesión de contacontos e xogos relacionados cós lagares rupestres do pobo de Oimbra. Neste caso tocoulles ós máis pequechos do cole pero tamén haberá para os maiores.