viernes

SAMAÍN II: DISFRACES E FESTA.

Festa e entrega de premios tanto para os participantes nas poesías, receitas e cabazas.

miércoles

SAMAÍN I: CABAZAS E RECEITAS.

A última semana de outubro adicámola ó Samaín e grazas a colaboración das familias foi moi especial. Tanto na elaboración das receitas que foron sorprendentes coma na imaxinación que lle botades á hora de facer as cabazas, que nos deixaron perplexos. Aqui vos deixamos imaxes de todo o recollido.

Roteiro ós lagares rupestres para os maiores

O venres 18 de outubro foi o turno para os maiores e coñeceron un pouco máis a súa contorna, ademáis de disfrutar de xogos durante o percorriodo. Aquí queda mostra do mesmo.

Contacontos e xogos lagares para os nenos/as de infantil, 1º e 2º.

O xoves 17 de outubro contamos cunha sesión de contacontos e xogos relacionados cós lagares rupestres do pobo de Oimbra. Neste caso tocoulles ós máis pequechos do cole pero tamén haberá para os maiores.

lunes

BRAULIO TUBER



O 16 de outubro os nenos/as de 2º,3º e 4º participaron no programa audiovisual da TVG Braulio Tuber, no que este membro dos bolechas os entrevistou e pasou momentos moi divertidos no cole. O tema que lles tocou preparar era sobre os astronautas, aunque houbo preguntiñas moi divertidas. En cantos sepamos cando se emite a gravación xa volo faremos saber.


NATURIZO CHEGOU



Parte dos nenos/as do cole participaron na gravación do vídeo de naturizo. Unha mascota que é o personaxe principal dunha colección de contos escritos polo mestre Javier Domínguez,  o noso mestre de música, que temos a vantaxe de poder contar con el. Grazas a tod@s pola participación.

BENVIDOS O NOVO CURSO

Benvido ó novo curso.



XA EMPEZAMOS DE INMEDIATO A PUBLICAR.