lunes
ULTIMO APADRIÑAMENTO
Este último apadriñamento estivo adicado a autores das Letras Galegas. Ademáis entregáronse os agasallos aos gañadores do anterior apadriñamento. Moitas grazas por a ilusión e ganas que puxestes en cada un deles. Para o curso que ven seguiremos traballando nos apadriñamentos para que se cabe poidan ser un pouco mellor.
MERCADILLO DE LIBROS
O día das Letras Galegas fixemos un mercadillo de libros que os nenos/as trouxeron das súas casas e que intercambiaron cos seus compañeiros de aula. Moitas grazas por participar.
miércoles
APADRIÑAMENTO DE ABRIL
O apadriñamento deste mes estivo adicado á poesía e os nos@s grandes lectores puxéronse mans á obra. Quedaron uns debuxos moi bonitos sobre as mesmas. Ademais entregamos os premios os gañadores do anterior apadriñamento. Noraboa rapaces.
martes
viernes
PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA
Hoxe no cole tivemos a gran sorte de ter uns convidados especiais que nos fixeron un taller lúdico sobre a alimentación e os animais mariños e déronnos un montón de ideas para facer bocatas saudables con conservas. Estaban deliciosos e aprendimos moitas cousas.
jueves
TALLER SENSORIAL DO MAR
Como sabedes este ano estamos a traballar no proxecta Aliméntate ben e como o noso cole queda un pouco lonxe do mar trouxemos un pedaciño da zona costeira e fixemos un taller sensorial sobre o mar. Aquí vos deixamos algunhas fotos.
martes
DÍA DO LIBRO
O 23 DE ABRIL CELEBRÁMOLO DÍA DO LIBRO. ESTE CURSO ADICÁMOLO A POESÍA. POLO TANTO CONSTRUÍMOS UNHA ÁRBORE POÉTICA NA QUE AS SÚAS FOLLAS ERAN POESÍAS DISEÑADAS POLOS NENOS/AS. ESTE FOI O RESULTADO.
SAÍDA Ó AUDITORIO:INFANTIL 1º E 2º
O DÍA 8 DE ABRIL FOMOS DE EXCURSIÓN Ó AUDITORIO A VER O MUSICAL DE MAMÁ CABRA: "TI COCIÑAS, EU COCIÑO". PASÁMOLO XENIAL.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






