martes

APADRIÑAMENTO DE MARZO

O APADRIÑAMENTO DO MES DE MARZO ADICÁMOLO Á PRIMAVERA. ADEMAIS ENTREGAMOS OS PREMIOS OS GAÑADORES DO APADRIÑAMENTO DE FEBREIRO; MARÍA E XIÁN. NORABOA RAPACES E A SEGUIR TRABALLANDO.

jueves

XERMOLIÑO


Alimentarse ben é moi importante pero dende o cole tamén consideramos que saber de onde proveñen os produtos é esencial. Por iso onte fixemos un obradoiro co alumnado de infantil no que plantamos varias hortalizas. Pasárono xenial... xa veremos o resultado.






miércoles

TELEXORNAL ALIMÉNTATE BEN





Este ano no cole estamos traballando no proxecta Ponlle as pilas o teu bocata. Aquí vos deixamos o telexornal que fixemos adicado a alimentación saudable e a reciclaxe. Esperamos que vos guste.

APADRIÑAMENTO LECTOR DE FEBREIRO


APADRIÑAMENTO DE FEBREIRO

O apadriñamento do mes de febreiro estivo adicado, como non podía ser doutra maneira o entroido e a través de poesías sobre o mesmo. Neste caso os gañadores/as foron María e Xián. Noraboa e ánimo para seguir participando.

martes

2 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DO AUTISMO E DO LIBRO INFANTIL


O autismo é un trastorno psicolóxico que parte dunha serie de trastornos que se coñece como TEA
( Trastorno do Espectro Autista). 

Hoxe día 2 de abril é o dia mundial sobre o autismo e o libro infantil e dende o cole traballaremos con algún destes contos.






Aquí vós deixamos as portadas dalgún deles por se queredes buscar algún.







jueves

TRAILER DO PROXECTA ALIMÉNTATE BEN

Como vos dixemos algo estabamos argallando... aquí vai un adiantiño. Esperamos que vos guste.






lunes

O TREN DA RECICLAXE

Coidar o medio no que vivimos é moi importante e dende o cole queremos contribuír a iso. Este curso os máis cativos xunto coas mascotas Pan, Turi e Mina construíron o seu propio tren da reciclaxe.

miércoles

A OURUGA GLOTONA

Este curso os nenos e nenas de infantil están a traballar cousiñas sobre a Alimentación. Este trimestre fixeron un pequeno proxecto sobre o conto da Ouruga Glotona. Pasárono xenial.
Todos xuntos coa Ouruga

martes

ENTROIDO 2019

Este ano no entroido desfilamos disfrazados por Oimbra cun colorido espectacular. Os nosos disfraces estaban relacionados co mar. Tamén recibimos a visita de dous cigarróns no cole e fixemos a festa da fariña. Mirade que chulada!!!!!!