miércoles

APADRIÑAMENTO LECTOR DE FEBREIRO


APADRIÑAMENTO DE FEBREIRO

O apadriñamento do mes de febreiro estivo adicado, como non podía ser doutra maneira o entroido e a través de poesías sobre o mesmo. Neste caso os gañadores/as foron María e Xián. Noraboa e ánimo para seguir participando.

martes

2 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DO AUTISMO E DO LIBRO INFANTIL


O autismo é un trastorno psicolóxico que parte dunha serie de trastornos que se coñece como TEA
( Trastorno do Espectro Autista). 

Hoxe día 2 de abril é o dia mundial sobre o autismo e o libro infantil e dende o cole traballaremos con algún destes contos.






Aquí vós deixamos as portadas dalgún deles por se queredes buscar algún.







jueves

TRAILER DO PROXECTA ALIMÉNTATE BEN

Como vos dixemos algo estabamos argallando... aquí vai un adiantiño. Esperamos que vos guste.






lunes

O TREN DA RECICLAXE

Coidar o medio no que vivimos é moi importante e dende o cole queremos contribuír a iso. Este curso os máis cativos xunto coas mascotas Pan, Turi e Mina construíron o seu propio tren da reciclaxe.

miércoles

A OURUGA GLOTONA

Este curso os nenos e nenas de infantil están a traballar cousiñas sobre a Alimentación. Este trimestre fixeron un pequeno proxecto sobre o conto da Ouruga Glotona. Pasárono xenial.
Todos xuntos coa Ouruga

martes

ENTROIDO 2019

Este ano no entroido desfilamos disfrazados por Oimbra cun colorido espectacular. Os nosos disfraces estaban relacionados co mar. Tamén recibimos a visita de dous cigarróns no cole e fixemos a festa da fariña. Mirade que chulada!!!!!!



viernes

Algo están argallando

Neste segundo trimestre Carela a mascota do proxecta mandou uns encargos ao alumnado do cole e eles e elas están moi traballadores e traballadoras. Pronto teredes noticias...



COLLE O TIMÓN


Estamos un pouco despistados e despistadas pero.... como din por ahí o bo faise esperar así que aquí vos deixamos fotos das cousiñas que fomos facendo no primeiro trimestre  para o noso plan proxecta que leva por lema  Colle o Timón.


Decoración do comedor




Mascota gañadora coas suas creadoras


Pirámide alimenticia
Apadriñamento ambientado



jueves

CHARLA HÁBITOS SAUDABLES

O pasado martes os nenos e nenas do cole pasárono moi ben pois recibiron unha charla sobre hábitos saudables bastante interesante. Traballamos a roda e a pirámide dos alimentos, a importancia das 5 comidas, a reciclaxe e o etiquetado.