jueves

ALIMÉNTATE BEN


Este ano no cole estamos a traballar no Plan Proxecta que é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que, en colaboración con diferentes consellerías, trata de fomentar a innovación educativa dos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores. 




En concreto estamos a Traballar en dous: Xermoliño e Ponlle as pilas ao teu bocata.
  • Xermoliño: Busca coñecer as necesidades alimenticias por grupos de idade e tamén por nivel de actividade física mediante a realización de actividades cos produtos alimenticios. Permite interpretar as informacións das etiquetas nos aspectos nutricionais e analizar a oferta alimentaria do comedor escolar. finalmente permite elaborar propostas de mellora.
  • Ponlle as pilas ao teu bocata: é unha campaña deseñada para dar a coñecer as múltiplesvirtudes das conservas dos productos do mar.


jueves

PAZ 2019


Este curso para celebrar o día da Paz acudimos ó concello, coma en cursos anteriores. Alí celebramos un pleno infantil no que se leron varios manifestos sobre a Paz e no que se fixeron varias peticións de mellora para o noso colexio. Tamén lles cantamos unha canción. De volta no cole todos xuntos fixemos o símbolo da paz e colgamos na entrada do mesmo uns paraugas con pingas de paz que estiveron elaborando os nenos durante varios días.  Aquí queda mostra de todo o que fixemos.



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free digital slideshow customized with Smilebox

martes

Excursións do primeiro trimestre.


Neste primeiro trimestre, fixéronse dúas saídas. Unha ó auditorio a Ourense cos nenos/as de 3º,4º,5º e 6º e outra a Verín ó festival de curtas ó que acudimos todo o colexio. Aquí queda mostra das mesmas.



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow personalized with Smilebox

APADRIÑAMENTO LECTOR DE NOVEMBRO


O apadriñamento lector do mes de novembro estivo adicado ó mar, proxecto que se está a traballar dende o centro. Nesta ocasión as votacións estiveron moi reñidas xa que a calidade dos traballos foi moi boa. Neste caso o equipo gañador foi o formado por Alba e Santi. Noraboa rapaces e a seguir traballando así.


        
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design made with Smilebox


miércoles

APADRIÑAMENTO DO MES DE OUTUBRO

O 29 de outubro celebramos o primer apadriñamento deste curso. Estivo relacionado con Halloween, debido a proximidade da data. Neste caso o debuxo gañador foi o do equipo formado por Gabriela, Valeria e Emily. Noraboa rapazas.




Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow personalized with Smilebox

martes

Halloween no cole

 Este ano no cole celebramos Halloween do seguinte xeito: Fixemos concurso de cabazas, de postres típicos desta festividade e tamén de conxuros. Ademáis dunha festa na cal o pasamos moi ben e entregamos os premios ós gañadores destes concursos. Aquí vos queda mostra dos mesmos para que non perdades detalle.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow customized with Smilebox

LIPDUB 2018