Neste segundo trimestre Carela a mascota do proxecta mandou uns encargos ao alumnado do cole e eles e elas están moi traballadores e traballadoras. Pronto teredes noticias...
viernes
COLLE O TIMÓN
Estamos un pouco despistados e despistadas pero.... como din por
ahí o bo faise esperar así que aquí vos deixamos fotos das cousiñas que fomos
facendo no primeiro trimestre para o noso plan proxecta que leva por lema Colle o Timón.
Decoración do comedor
Mascota gañadora coas suas creadoras
Apadriñamento ambientado
jueves
CHARLA HÁBITOS SAUDABLES
O pasado martes os nenos e nenas do cole pasárono moi ben pois recibiron unha charla sobre hábitos saudables bastante interesante. Traballamos a roda e a pirámide dos alimentos, a importancia das 5 comidas, a reciclaxe e o etiquetado.
ALIMÉNTATE BEN
Este ano no cole estamos a traballar no Plan Proxecta que é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que, en colaboración con diferentes consellerías, trata de fomentar a innovación educativa dos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.
En concreto estamos a Traballar en dous: Xermoliño e Ponlle as pilas ao teu bocata.
- Xermoliño: Busca coñecer as necesidades alimenticias por grupos de idade e tamén por nivel de actividade física mediante a realización de actividades cos produtos alimenticios. Permite interpretar as informacións das etiquetas nos aspectos nutricionais e analizar a oferta alimentaria do comedor escolar. finalmente permite elaborar propostas de mellora.
- Ponlle as pilas ao teu bocata: é unha campaña deseñada para dar a coñecer as múltiplesvirtudes das conservas dos productos do mar.
martes
jueves
PAZ 2019
Este curso para celebrar o día da Paz acudimos ó concello, coma en cursos anteriores. Alí celebramos un pleno infantil no que se leron varios manifestos sobre a Paz e no que se fixeron varias peticións de mellora para o noso colexio. Tamén lles cantamos unha canción. De volta no cole todos xuntos fixemos o símbolo da paz e colgamos na entrada do mesmo uns paraugas con pingas de paz que estiveron elaborando os nenos durante varios días. Aquí queda mostra de todo o que fixemos.
![]() |
![]() |
Free digital slideshow customized with Smilebox |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)